martes, 26 de octubre de 2010

El pulpo Adri

1.Para empezar gustarianos que nos fixeras un resumo da tua traxectoria no mundo do fútbol.
Empecei xogando o futbol sala no Vicedo, logo tras uns anos sen xogar estiven no Folgueiro en terceira rexional pero a metade de tempada deixeino ata fai dous anos que fichei pola S.D Cañoles.
2. Cómo surxiu a tua fichaxe pola SD Ourol?
Pois comentaronmo amigos , e ainda que me costou decidirme aquí estou.
3. Qué valoración lle das aos teus primeiros meses como ourolense, estás contento neste equipo?
En xeral si, ainda que teño mal sabor de boca polos numerosos partidos e entrenos que me perdin.
4. Defínite como xogador.
Diría que son correoso, loitador e son alto. Pouco mais.
5.Que posición prefires ocupar?
A de mediocentro.
6. Cal é pa ti o mellor xogador da plantilla ourolense?
Non destacaría a nadie.
7. Na primeira xornada a SD levouse un duro correctivo. Qué cres que fallou?
A ansiedade e a presión por ganar.
8.Estrenachete xa como goleador.Atreveste a establecer unha cifra goleadora para esta tempada?
Como xa dixen o meu obxectivo son 8. Tendo en conta as miñas cifras goleadoras de anos anteriores é todo un reto.
9.Qué é o mellor e o peor da plantilla ourolense?
O mellor o ambiente; o peor e a falta de experiencia.
10. Cal é a tua opinión sobre a SD Ourol?
É un equipo con moitoa ilusión e ganas que pode estar ahí arriba.
11. En qué posto cres que acabará o Ourol esta tempada?
Eu pensó que ascender é o obxectivo, pero estar ahí entre o 4º e o 5º seria un éxito.
12. Cres k¡que o equipo irá a mais debido ás numerosas caras novas que chegaron este ano?
Está claro que si,cando a xente se coñeza mais e sexamos mais un bloque esta ira a mellor.

Coñecendo a Busi

Un equipo: Barça
Un xogador: Dani Alves
Un xogador histórico: Chendo
Unha comida: Tortilla
Un lugar para vivir: O Vicedo
Un lugar para perderte: O Vicedo
Unha película: En busca de la felicidad
Un obxectivo: Acabar a carreira
Una kubata:
Beefeater cn kas limón

No hay comentarios: